miércoles, 10 de febrero de 2021

Danza I. Tema 3. As Danzas En Galicia. Aula de Danza I. Xisco Feijoó

  

DANZA 1
PROGRAMACIÓN ANO 2020-2021

TEMA 3. A DANZA EN GALICIA

1.- Danzas Tradicionais

Os Etnógrafos as denominan como danzas folclóricas. Son Aquelas de orixe fundamentalmente autóctono. Usadas como divertimento pero con un marcado carácter ritual.

Muiñeira Vella: Ritmo de seis por oito, usualmente interpretadas a nivel popular por voces con pandeiretas. Trátase de danzas representativas do cortexo e/ou engalanamento onde os homes son unha parte activa pelexando entre eles a modo de galos baténdose coa dificultade dos pasos que van mudando cada pouco e cos avisos de fin e principio de punto mediante pateados. As mulleres quedas como parte pasiva adoitando a facer con minuciosos movementos círculos ou símbolos do infinito. A súa misión non é máis que estar presentes na danza e entremeterse no combate dos homes (no caso das variantes onde hai máis de un). Adoitaban a levar na cabeza diversos obxectos a fin de mostrar a súa valía na danza. Vasos, botellas, bolas de pan no caso de bailes de voda, cestas...

Existe a variante de 1 home e sete mulleres, moi admirada na comarca de Compostela e interpretada por gaiteiro ou gaiteiros no día das festas maiores. Este bailador adoitaba levar castañolas e guiar á raíña das festas (ricamente engalanada para a ocasión) e ás súas damas de honra por todo o recinto nunha traxectoria ás veces circular e as veces sinuosa. A esta variante tamén se lle chamaba “Danza das Castañolas” ou “Rabela”. Sobre este último termo hai opinións que defenden a súa orixe no Ravel, instrumento de Corda Fretada anterior ó Violino. Pola contara, hai quen di que o nome viña das formas da danza, que semellaban o movemento do rabo dunha raposa.

Sobre esta variante está tamén a de 1 home e 2 ou 3 mulleres. Suponse que era a mesma con menos participantes e quizá en días menos sinalados.


Variante por parellas. 2 homes e 2 mulleres. A esta variante se lle coñece tamén como muiñeira zapateada ou ghalluda. Se na primeira variante o home demostraba a sua valía diante das mulleres, nesta, os homes participantes bátense en duelo como señal de demostración da masculinidade.

Existen tamén variantes de tres e, catro e máis parellas máis son menos comúns.

A muiñeira vella está xa extinta na nosa cultura tradicional, chegando os últimos bailadores coñecidos ata a década dos noventa do pasado século.

Variante 3 homes e tres mulleres (Idem)

máis de tres (pouco habitual pola súa complicación. Os vellos din dela que era un borrallo).

Danzas Gremiais: Trátase dun conxunto de celebracións e expresión da cultura popular máis ancestral cunha variadísima morfoloxía dentro de Galicia. Se ben hai que dicir que estas expresións son comúns en fondo e moi semellantes na forma a toda Europa, e tamén a Sur América (debido ás migracións) e a países mediterráneos e do norte de África. Posiblemente, foron no seu día expresións humanas na honra dos sentidos primarios, honrando a deidades naturais, e dadas as súas características comúns, exaltando a fertilidade naquelas épocas do ano no que, nun clima temperado como é o noso, a produción agrícola e a explosión da natureza estaba no seu punto máis álxido. Posiblemente estas expresións daten do Paleolítico e/ou Neolítico, eras nas que o ser humano adquiriu as destrezas necesarias para a agricultura. Sabemos de tódolos xeitos que entre o S.IV e o VI da nosa era, existiu unha forte reprimenda cara estas celebracións, que levaban aparelladas outras doutra índole, consideradas pola crecente Igrexa Católica, indecorosas, pecaminosas e afastadas da moral imposta. Aínda así, véndose o poder eclesiástico frustrado no seu fin de exterminio, optouse dende o Bispado de Bragança, no S.VI, a un espallamento dos ritos ó longo das diferentes épocas do ano, variando tan só, o fin para o que milenariamente eran desenvoltos estes rituais e expresións culturais. Foi a partir deste século onde desapareceron para sempre algúns elementos desta celebración, pasando outros a formar parte das celebracións relixiosas na honra de Santos ou Virxes, aproveitándose, dito sexa de paso, para establecer un nome Cristián previo a cada un dos lugares emblemáticos, e comezando a dividir politicamente o territorio en Freguesías ou Parroquias.

A denominación de Danzas Gremiais, ben dada pola aparición escrita das mesmas en documentos do S.XV, nas anotacións dos libros de gremios, como os “Zapateiros de Noia” ou o “Gremio de mareantes de Marín”. Nestas anotacións non existe unha explicación estrutural nin musical das mesmas, máis deixa constancia da súa existencia e o seu sentido. 

...beilláronse, polo gremio de mareantes, as coloridas danzas ofrecidas ó Altísimo nun gran día de xúbilo...”

Curiosamente, os gremios estaban compostos por homes, e as danzas eran executadas tamén só polo sexo masculino, vestíndose de dama uns e de galán os outros. Xa no S.XX, moi posiblemente pola escaseza de mozos nas poboacións (guerra de Cuba, Guerra de Marrocos, Guerra civil, emigración...) foron introducíndose as mulleres en tal evento.

Xa que todas elas proveñen dos ritos de orixe pagán, derivados das danzas na honra a fertilidade do mes de maio, como son a infinidade de representacións de danzas gremiais, atopámonos en diferentes lugares e épocas do ano con expresións un tanto descolocadas. Así o demostra o florido vestiario ancestral nos meses centrais do inverno, ou o colorido máis rechamante en épocas do ano de máxima escuridade.

Danzas brancas: abondan na provincia de Ourense, hoxe en día, na honra a Santos. Exemplos son as de Vilanova dos Infantes ou as de Sta. María de Xuvencos, en Boborás. Comprenden unha serie composta por: danzas de cordón ou cintas, danzas de arcos, danzas de castañetas e danzas de paus.

Danzas de reis: Danzas gremiais na honra a Santos, como as anteriores. A diferenza estableceuse no momento no que estas foron interpretadas en datas próximas ou coincidentes coa celebración da Epifanía do Señor (Honra á visita dos Reis Magos de Orienta ó Neno Xesús). Deste xeito, grupos de mozos, que adoitaban en tódalas aldeas de Galicia, a ir a cantar “ós Reis” porta a porta, incluíron nesta formación a Danza, pois tiñan que a preparar nesta mesma época. Nacen así os xa coñecidos “Ranchos de Reis”. Famosas son os de Guláns, Fozara, As Cortellas en Ponteareas ou Riofrío,, Lordelo, Frades en Mondaríz (entre outras).

Damas e galáns: Trátase dunha interesante variante de danza gremial. Normalmente danzada por dez homes e cinco damas (homes vestidos de muller) guiados por un guía. Consta de Danza a ritmo de fandango lento e contradanza a ritmo de Muiñeira. (como as xa extintas de Lavadores en Vigo, ou as famosas de sta. María de Darbo, San Sebastián de Aldán ou San Roque de Hío).

Danzas ou farsas de Antroido: Trátase de danzas propias desta celebración na honra ó carnal. Coinciden moitas delas con danzas de celebración de Santos, como a Comparsa da danza de San Adrián de Cobres, onde a similitude ou por ser unha variante coas de Damas e Galáns do Morrazo é moi grande ó tratarse dunha danza e unha contradanza, máis non topamos xustificación do porqué estas celébranse no Entroido no canto do Día de San Adrián a mediados de xuño.

Madamitos e Juardineros: Trátase dunha celebración dentro do Antroido cunha danza ritual. Delátase desta forma a versatilidade nas danzas rituais, onde o mesmo formato ben vale para honrar a Santos, para o día da Festa maior, para a celebración dunha Regueifa ou para honrar ó ”Santo Entroido, señor da Carnalidade. Exemplo é a antiga muiñeira vella de Cerqueda (Malpica), bailada tamén no antroido cuns madamitos coa cara cuberta, ataviados con frores e cintas e uns juardineros donos da natureza, con sombreiros de palla, cintas, faldóns brancos e flores. De igual xeito ocorre coas xotas de antroido da costa entre Carnota e Fisterra, onde unha xota da fuliada é usada cunha caracterización especial e dirixida por Xenerais para percorre-las vilas na procura de aguinaldos

Danzas Gerreiras de Espadas: Danzas de carácter bélica, de orixe ancestral, efectuadas en conmemoración na data da vitoria e trasladadas tamén a honra a Santos en moitas das localidades de Galicia. Famosas son as de Baiona ou as da Festa da Coca en Redondela, onde se simultanean e integran xunto coa danza das Penlas e das Burras na honra ó vencemento a un ser case que diabólico, representado na figura dun Dragón, que sementaba o pánico e a desgraza entre os lugareños. Existen representacións similares en festividades da veciña Portugal.

Danza das Burras e das Penlas: Danza na honra do paso de ser da comunidade indefenso a adulto preparado para aportar reprodución, traballo e defensa. Dánzase con dúas “Burras”, mulleres vestidas de branco que representan a candidez e inocencia, e que portan sobre o lombo a dúas nenas (posiblemente na súa orixe, pre adolescentes) vestidas tamén de branco, preparadas para dar o paso cara a fertilidade.

NOTA: Como veremos a continuación, a muiñeira nova entra dentro da clasificación de danzas populares, máis existen ritos dentro da tradición galega (algúns deles comúns a outras culturas milenarias) nos que a muiñeira vella foi substituída por variantes da muiñeira nova, máis segue a tratarse dun acto ancestral e con elevado carácter ritual. Esta substitución dáse dende o século XIX consolidándose e expandíndose no XX, ata a súa desaparición progresiva, en momentos específicos.

Labradas (abril, preparación dos campos) coa danza da Aña. Danza onde o labrador, portando un ramo de oliveira ou Loureiro adobiado con panos de diferentes cores, saca a bailar ás sachadeiras de unha en unha no mesmo lugar da labrada e ó remate da mesma. Aña son tres conceptos. Por unha parte, o Ramo da Labrada, por outra, a muiñeira que as sachadoras interpretan acompañadas da percusión con pedras e sachos, e finalmente, o baile do labrador no eido.

Vodas, coa danza da Regueifa. Nas Vodas dábase o ritual da regueifa. Normalmente, a familia da noiva contrataba a un regueifeiro e os veciños a outro. Estes desafiaban entre cantigas improvisadas. Seguidamente, os padriños da voda, bailaban unha muiñeira onde a madriña portaba un pan doce na cabeza. A este pan chámaselle Regueifa, ó igual que ó baile ó son normalmente das cantadoras coas pandeiretas.

2.- Danzas populares. 

Ó igual que as anteriores no aspecto do divertimento e socialización máis sen carácter ritual. Entran dentro deste apartado as Muiñeiras Novas ou Ribeiranas do sur.

Muiñeira ou Ribeirana: Documentadas en toda Galicia. Segundo Dorothe Schubart, a muiñeira ten unha probable orixe na música culta antiga. A entrada desta dentro do folclore galego veuse favorecida por tratarse dunha música facilmente asumible e pegadiza. Por suposto que sufriu algunha adaptación. A Muiñeira nova é moi usual nas festas populares das vilas, atopándose menos nas aldeas ou, polo menos como fenómeno secundario.Aínda que existen infinidade de variantes podemos xeneralizar que Musicalmente a muiñeira vella so ten cantiga muiñeira nova ten cantiga e volta a modo de retrouso.sen embargo, formalmente observamos que os bailadores prescinden en moitas ocasións da melodía suxeitándose tan só ó patrón percutivo que a acompaña.

A muiñeira nova é un baile social popular cun claro propósito de entretemento e socialización.Atópase espallada por toda a xeografía presentando moitas variantes segundo as zonas. Con denominación de muiñeira atopamos exemplos claros en Zamora, León, Asturias e o norte de Portugal.

Reciben diferentes denominacións como:

Carballesa (como pasodobre solto)

Contrapaso e Contradanza (Para danzas de Damas e Galáns)

Chouteira

Muiñeira nova

Ribeirana

Redonda

Musicalmente: Interpretadas por todo tipo de instrumentación.

-Voces

-Gaiteiros solistas

-Cuartetos

-Charangas

-Violinistas e acordeonistas

Estruturalmente: Baile mixto e extravertido tanto no home como na muller nos seus movementos. Pode ser executado por unha ou varias parellas. Variantes salientables son as punteadas, denominadas así na comarca de Bergantiños pola característica diferenciadora coas muiñeiras vellas ó facer tamén puntos as mulleres. Tamén as redondas do sur de Ourense onde a disposición das parellas é en cruz. Como non as Ribeiranas da provincia de Pontevedra onde a muiñeira acada unhas características moito máis redondeadas e amanciados que os cortantes movementos do norte.

Claramente a Muiñeira Nova é unha evolución das muiñeiras vellas nas que fundamentalmente se muda o carácter introvertido das mulleres por unha participación activa e, onde a disputa viril entre homes segue a existir aínda que se muda a dirección desa intención cara as mulleres. Moi probablemente, estas novas Muiñeiras sexan o resultado da adaptación e evolución daquelas máis antigas, por terse introducido outros bailes popularizados e alleos como as Xotas. Curiosamente, tanto unhas coma as outras comparten estrutura e modo en ritmos tan antagónicos coma son o binario da Muiñeira e o ternario da Xota.

As muiñeiras novas perden a estrutura fixa das vellas presentando hábitos xerais fixos que quedan a mercé da decisión de un ou varios guías da danza (homes).

Xeralmente, a estrutura responde ás seguintes características:

frase de punto, frase de volta e frase de descanso.

A primeira é sempre existente máis non o teñen porque ser as outras duas. Nas variantes máis completas chéganse a facer rodas e tablóns, máis nas simples todo discorre nunha roda. (e tódolos casos intermedios).

Bailes de festas populares:


  • Baile de San Xoán
  • Baile dos maios
  • Danza de vísperas
  • Danza do pan
  • Danza dos vellos
  • Entroiada

Carballesa: Aínda que moitos autores a clasifican como unha variante da muiñeira, realmente trátase dun pasodobre bailado solto. Quizá sexa por iso polo que incluímos este ritmo e danza característico da zona oriental de Galiza e tamén presente en León e Asturias, no apartado de danzas popularizadas.

Danzas infantís:

Xogos para iniciar ós nenos no baile, ou como entretemento e mostra de destrezas.


3.- Danzas popularizadas. 

Son aquelas alleas, normalmente adquiridas de clases sociais máis altas ou doutras tradicións. Chegaron a Galicia dadas as modas imperantes en cada época, aínda que podemos aseverar que calaron definitivamente durante o S.XX. Anteriormente non eran comúns dado que a inmensa maioría delas eran agarradas, mal vistas por elo polas autoridades relixiosas.

Jota: De ritmo ternario, o termo Jota foi estendido maiormente por toda a península, como substituínte dos fandangos. A súa orixe é incerta, aínda que con estruturas semellantes as que atopamos en Galicia, dábanse sobre todo na metade norte peninsular. Como Jotas peninsulares están todas aquelas con nome local: Malagueñas, Cartujanas, Fandangos de Huelva... aínda que en Galicia adoptaron outras denominacións como Pateado, Zapateado, maneo ou o propio Fandango. Dentro da tradición galega, distínguense entre Jotas vellas, aquelas que non teñen retrouso e as novas, aquelas que incorporan retrouso, maior número de parellas e maior complexidade no baile.

Existen outras variantes presentes en Galicia como as Jotas Cruzadas, onde cada home alterna con diferentes mulleres, bailando un punto con unha e a repetición do mesmo con outra. Así mesmo, un descanso ou paseo con unha e a repetición do mesmo coa outra. os Viras, de variadas estruturas son presentes en Galiza e de influencia Portuguesa.

Carballesa: Aínda que moitos autores a clasifican como unha variante da muiñeira, realmente trátase dun pasodobre bailado solto. Quizá sexa por iso polo que incluímos este ritmo e danza característico da zona oriental de Galiza e tamén presente en León e Asturias, no apartado de danzas populares.

Danzas Mixtas: Tal e como o seu propio nome indica, son danzas metade soltas metade agarradas.

Amaneada, metade solta e metade agarrada.

Muiñeira Corrida e Esparabán, parte agarrada de pasodobre e parte solta de polca. Ás veces esta parte tamén é agarrada.

Valse Repunteado e Mazurca da Terra Chá, Danza na que se combina o valse cunha parte solta a ritmo de Mazurca. Existe a mesma variante cunha rítmica achegada á Polca.


Agarrados Existen diferentes e con diferentes denominacións. Case todos presentes en toda a Penísula Ibérica, e moitos deles de procedencia europea ou Latinoamericana. Introducidos nas vilas dende o XIX non chegaron a pequenas aldeas ata ben entrado o S.XX. por seren mal vistos e moi criticados dado o contacto físico necesario polas autoridades relixiosas

Peninsulares: Pasodobre

Europeos:Valses, Mazurcas, , Polcas, Chotis (Scotish), , Foxtrot,...

Latinoamericanos: Rumbas, Cumbias, Tangos...



Cuestionario Danza I. Aula de Danza I. Xisco Feijoó

  

DANZA 1
PROGRAMACIÓN ANO 2020-2021

CUESTIONARIO DANZA 1

TEMA 1: 


ORIXES DA DANZA


1.- Definición de Danza

2.- Que entendes por Expresión corporal.

3.- Define Danza como Misticismo

4.- Indica alo menos 3 das 6 características da danza. Defíneas

5.- Enumera os tres tipos de danza. Defíneos brevemente.


TEMA 2: 



HISTORIA DA DANZA


1.- En qué era cres que naceu a danza no ser humano (Homo erectus sapiens-sapiens)?

2.- Qué tipos de Danzas hai datadas dos Séculos XV e XVI?

3.- Qué dous tipos de danza existen no S.XVII durante o reinado de Felipe V?

4.- Cal foi o xiro que lle deu este Monarca ó estilo das danzas da corte?

5.- Cómo se chama a escola resultante deste xiro histórico?

6.- Cantas etapas hai na escola Bolera¿? Resume nunha liña a característica principal de cada unha

7.- En qué época aparecen os coros Galegos?

8.- A quén se lle debe esta aparición?

9.- De qué sectores xorden a formación destes coros?

10.- Por quen eran dirixidos?

11.- Quén os integraban?

12.- Qué repertorio utilizaban a partir do S.XX?

13.- Cales eran as ideas políticas principais destas formacións?

14.- En qué ano e por quén foi fundada a Sección Feminina?

15.- Cal foi o seu fundamento principal ó hospicio da ditadura franquista?

16.- Que entidade crearon para facer grupos de baile dos diferentes pobos de España?

17.- En qué momento nacen as agrupacións de baile adicadas á recuperación e o traballo de campo?

18.- Que acadaron estas agrupacións mediante este traballo?

19.- Que tipo de compañías xorden contra finais do S.XX e principios do S.XXI?


TEMA 3: 



A DANZA EN GALICIA


1.- Qué entendes como Danzas tradicionais?

2.- Pon un exemplo de Danza tradicional Galega.

3.- Cantos tipos de Muiñeira vella coñeces?

4.- Relata brevemente as características principais dunha muiñeira vella.

5.- Qué entendes por Danzas gremiais?

6.- Cal cres que foi a orixe da execución destas Danzas Gremiais?

7.- En qué época coidas que eran celebradas?

8.- Por qué se atopan distribuídas hoxe en día ó longo de todo o ano?

9.- En qué século aparecen as primeiras datacións de existencia deste tipo de manifestacións culturais?

10.- Por qué se lle chaman a certo tipo destas danzas Danzas de Reis?

11.- Cal é a estrutura principal das danzas de  Damas e Galáns?

12.- Coñeces algunha danza gremial baseada nas antigas Muiñeiras vellas?

13.- Cal é a orixe das danzas guerreiras?

14.- Pon un exemplo de Danza guerreira.

15.-  Qué nome reciben as danzas de “paso de ser da comunidade indefenso a adulto preparado para aportar reprodución, traballo e defensa”?

16.- Pon un exemplo de Muiñeira nova con carácter ritual. Explícao brevemente.

17.- Define Danzas populares.

18.- Cita alo menos tres nomes cos que se coñece á Muiñeira en Galicia.

19.- Que é unha Carballesa?

20.- Define Danzas Popularizadas.

21.- Cal é o ritmo básico das Jotas?

22.- Diferencia entre Jotas vellas e Jotas novas.

23.- Que característica fundamental ten unha Jota Cruzada?

24.- Qué entendes por Danzas Mixtas?

25.- Menciona unha danza mixta e explícaa brevemente.

26.- Por qué cres que os bailes agarrados non calaron no rural ata ben entrado o S.XX?

27.- Cita alo menos tres bailes agarrados de orixe Europea

28.-Cita algún baile agarrado de procedencia Latinoamericana

29.- Cal sería o baile agarrado peninsular por antonomasia?





miércoles, 20 de enero de 2021

Enlace para a aula de Danza I do mércores 20 de xaneiro. Xisco Feijoó

Moi boas compañeiras. A continuación tendes o enlace para acceder ao ZOOM para a aula virtual de hoxe. 

Permitídeme indicarvos que podedes acceder á mesma ás 20.05H. e agardar nunha antesala a que eu vos acepte. Unha vez comece a aula (20.10H.) esquezo de estar atento ao aparello e non son quen de aceptar novos ingresos.

Aprobeito para vos comentar que o material teórico será rematado a semana que ven, polo que teremos despois dúas aulas de repaso para o que vos enviarei por este medio un cuestionario a modo de guía. 

Saúdos

Xisco Feijoó


Xisco Feijoo le está invitando a una reunión de Zoom programada.

Unirse a la reunión Zoom
https://us05web.zoom.us/j/6010089592?pwd=QzVNT3RqeVFRYmpQYTFBaUx4WC9tZz09

ID de reunión: 601 008 9592
Código de acceso: R5rNc1

miércoles, 13 de enero de 2021

nlace para a aula de Danza I do 13 de xaneiro. Xisco Feijoó

 Xisco Feijoo le está invitando a una reunión de Zoom programada.


Tema: Zoom meeting invitation - Reunión de Zoom de Xisco Feijoo

Hora: 13 ene. 2021 08:10 p. m. Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/6010089592?pwd=QzVNT3RqeVFRYmpQYTFBaUx4WC9tZz09


ID de reunión: 601 008 9592

Código de acceso: R5rNc1


miércoles, 16 de diciembre de 2020

Convocatoria de ZOOM para a clase de hoxe mércores 25. Danza I. Anaïs Barbier

 Aula de Danza I- Reunión de Zoom de Anaïs Barbier

Mércores, 16 de decembro20:10 – 20:50

ACCESO A DOCUMENTAL SOBRE A SECCIÓN FEMINIMA VISUALIZADO NA AULA DO DÍA 16 DE DECEMBRO DE 2020

Anaïs Barbier le está invitando a una reunión de Zoom programada. Unirse a la reunión Zoom https://us04web.zoom.us/j/8072727409?pwd=WHE5Y01sby9mbEFjQmtwbnZURUF0QT09 ID de reunión: 807 272 7409 Código de acceso: 746576

miércoles, 2 de diciembre de 2020

ula de Danza I. Mércores 2 de decembro de 2020. Xisco Feijoó

 Dados os problemas técnicos e de cobertura na conexión ZOOM da semana pasada, hoxe repetirei materia polo que:

Hoxe non haberá conexión vía zoom.

Saúdos

Xisco Feijoó

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Convocatoria de ZOOM para a clase de hoxe mércores 25. Danza I. Xisco Feijoó

 Xisco Feijoo le está invitando a una reunión de Zoom programada.


Tema: Zoom meeting invitation - Reunión de Zoom de Xisco Feijoo

Hora: 25 nov 2020 08:10 PM Madrid


Unirse a la reunión Zoom

https://us05web.zoom.us/j/88380307503?pwd=ZnpXM1dxTXkxN3NEcm9OcldydEZpZz09


ID de reunión: 883 8030 7503

Código de acceso: 3XCSdy